





|

|
PROGRAMA
DE ESTUDIOS ( BIENIO 2000 - 2002 ) |
(Escola homologada polo Consello da Avogacía Española)
Enderezo
de correo e. da Escola: avogadosourense@retemail.es
|
PRIMEIRO CURSO
|
|
Curso xeral formativo e práctico das seguintes materias:
-
Práctica xurídica civil.
-
Práctica xurídica dereito de familia.
-
Práctica xurídica dereito administrativo.
-
Deontoloxía.
-
Práctica xurídica mercantil.
-
Práctica xurídica tributaria.
-
Práctica xurídica penal.
-
Práctica xurídica laboral.
|
|
SEGUNDO CURSO
|
|
Os alumnos, que superaran o primeiro curso continuarán coa formación das anteriores materias, e na medida das dispoñibilidades da Escola, completarán a súa formación con prácticas e asistencias con avogados colexiados a xulgados, notarías, rexistros da propiedade, mercantís e corredores de comercio, conforme ó calendario que se programe o longo do curso. Os alumnos terán subvencionadas na súa totalidade, ou en parte, as matrículas dos distintos cursos que tanto o Colexio de Avogados como a Escola organicen. Coa matrícula, impartirase un curso de informática, un curso de dereito procesual comunitario e un curso de galego avalado pola DXPL.
|
|
DURACIÓN E A QUEN VAl DESTINADO O CURSO
|
|
Do
30 de outubro ó 28 de xuño, cada curso. Dirixido a licenciados en dereito que queiran obter unha formación para o exercicio da profesión de avogado ou procurador. Necesaria para aqueles que queiran prestar servicios de asistencia xurídica con cargo ós orzamentos da Xunta de Galicia. Poderán ser admitidos excepcionalmente, e conforme o que se sinala nesta convocatoria, alumnos do quinto curso da licenciatura de dereito.
|
|
LUGAR
|
|
Impartiranse as clases, fundamentalmente
nos locais do Ilustre Colexio Provincial de
Avogados de Ourense, de luns a venres, de
19:00 ás 21:30 horas.
|
|
ADMISIÓN DE ALUMNOS
|
Poderán matricularse na Escola tódolos licenciados en dereito e alumnos do último curso na licenciatura de dereito que podan ser licenciados en febreiro do 2001. A Comisión de Admisión e vistas as disciplinas pendentes destes últimos, valorará a súa inclusión. A dirección do centro resérvase a facultade de realiza-la oportuna selección en función das prazas dispoñibles. Para optar ó segundo curso, será requisito imprescindible ter superado o primeiro. En ningún caso se superará o primeiro curso se non se ten polo menos un 80% de asistencia efectiva as clases ou ás prácticas.
O número de prazas non será superior a trinta e cinco. Ábrese un prazo de solicitude de admisión desde o día primeiro de setembro ata o nove de outubro. A lista de admitidos e a data de apertura do curso publicarase no taboleiro de anuncios do Colexio de Avogados o día once de outubro. A matrícula deberá formalizarse nos tres días seguintes á data da publicación de admisión. Haberá unha sesión informativa o vinteoito de setembro, as 20:00 horas no Colexio de Avogados.
|
|
MATRÍCULA
|
O seu importe será de cento vinte mil pesetas (120.000 PTA para cada curso que deberán aboarse, cando menos o 50% do correspondente a cada curso, no momento da súa formalización; e outro 50% antes do día primeiro de marzo de 2001. Igual criterio se seguirá para o segundo curso. Así mesmo, haberá de aboarse no momento de formaliza-la matrícula, cinco mil pesetas (5000 PTA) en concepto de dereitos.
Os aspirantes deberán xuntar a solicitude cuberta, xustificante acreditativo de ser licenciado en dereito ou certificación académica acreditativa do curso que realiza e as disciplinas pendentes para os alumnos do último curso da carreira.
Se algunha persoa vai ser admitida como alumno do 5º curso, e antes do día da publicación das listas de admisión fora licenciado en dereito, deberá acreditar dito extremo, para os efectos da selección.
|
|
DIPLOMAS
|
|
Unha vez rematados os dous cursos faráselle entrega do correspondente diploma acreditativo ós alumnos que
ademais de asistir regularmente ás clases, fixeran as súas prácticas e teñan superados os distintos controis e
probas que se fagan durante o curso así como a proba de aptitude profesional. A Escola de Práctica Xurídica
"Pérez Ávila" de Ourense, depende do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense e está homologada polo Consello
Xeral da Avogacía Española.
|
|
PROFESORADO
|
|
O ensino estará a cargo de avogados en exercicio, profesores universitarios, funcionarios técnicos da administración de xustiza e outros profesionais de recoñecida competencia na práctica no exercicio da materia de que se trate, tendo así mesmo en conta, criterios de preparación especial esencialmente práctica.
|
|
INFORMACIÓN
|
|
A información sobre o funcionamento da Escola e os impresos e normas xerais para formaliza-la matrícula e a solicitude de admisión, serán facilitados na secretaría do Ilustre Colexio de Avogados de Ourense, sita na Rúa do Concello, 22.
|
|
Teléfono:
988 210 076
Correo e.: icaourense@avogaciagalega.org
|
|